Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Actividades de observación astronómica no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Ámbito
Galicia
Contenido

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo.
As actividades desenvólvense no marco da iniciativa Starlight, un sistema de certificación turística a nivel mundial que busca a protección dos ceos nocturnos mellor preservados fronte á contaminación luminosa, ao tempo que potencia o turismo e o coñecemento arredor destes valores naturais.