Calquera entidade ou grupo con sede na UE pode presentar a súa solicitude (con algunhas excepcións). As solicitudes deben referirse explicitamente a un ou máis sitios de Natura 2000. Poden escribirse en calquera idioma oficial da UE.
Permítense solicitudes de varios solicitantes, pero un deles debe ser designado como o solicitante principal. Os solicitantes deben presentar claramente os resultados tanxibles logrados nos últimos cinco anos.
O Premio Europeo Natura 2000 premia a excelencia na xestión de sitios Natura 2000 e pon de manifesto o valor engadido da rede Natura 2000 ao conservar a natureza para as comunidades locais e as economías de toda a Unión Europea.
Toda a información pode consultarse na ligazón que figura máis abaixo.
Comisión Europea
Data límite de presentacion de solicitudes: 30 de setembro de 2026
