Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

6ª edición dos premios internacionais de mobilidade

Data da norma
Ámbito normativo
Internacional
Data de publicación
Número
1
Páxina
1
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Internacional
Destinatarios

-Ter unha unidade operativa en España (excepto para a categoría Internacional, que se utilizarán criterios específicos).
-As iniciativas deben de ter un impacto na sociedade e no medio ambiente, e estar activas no momento de presentación da candidatura. Tamén poden presentarse proxectos en fase de desenvolvemento, sexa este parcial ou total, no momento de presentar a candidatura.
-Excepto para a categoría internacional, para o resto das categorías o ámbito de actuación debe de ser o territorio español, con independencia de que o seu alcance sexa nacional, rexional ou local en España e poida aplicarse tamén noutros países.
-Con resultados – totais ou parciais- verificables.
-No caso de municipios, valórase realizar accións na Semana Europea da Mobilidade (en caso afirmativo, recoméndase incluír a ligazón de rexistro da actividade).

Obxecto

Os Premios Internacionais de Movilidad buscan distinguir as boas prácticas e iniciativas en mobilidade, tanto do sector público como privado. Os seus obxectivos son visibilizar casos de éxito, poñer en valor ás organizacións que están a liderar o cambio e facilitar unha dinamización das mellores solucións que axuden a xerar resultados con impactos positivos en curto, medio e longo prazo.

Convoca

Plataforma EMPRESAS POLA MOBILIDADE SOSTIBLE

Prazo

Finaliza o 26 de febreiro de 2026.