Inscrición tf. 981 54 10 45 email residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal
Seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022):
Xornadas informativas sobre a xestión dos Residuos da Construción e Demolición (RCD).
Coa finalidade de mellorar a información e formación tanto de axentes implicados (Xestores, produtores, etc) como de calquera persoa interesada na produción e xestión de residuos da construción e demolición estanse a organizar varias xornadas en distintas localidades.
Os contidos e temática a desenvolver focalizaranse na situación actual da xestión dos RCD (normativa a cumprir, xeración nos últimos anos e competencias dos axentes implicados na xestión), abrindo un obradoiro participativo entre os asistentes e contando coa experiencia práctica por parte dunha empresa construtora e por ARCODEGA.
