Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

1m2 polas praias e os mares

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
LIBERA
Inscrición

Peche de inscricións o 22 de setembro.

Ámbito
Estatal
Contenido

O proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife, coa colaboración de Ecoembes, prepara unha nova edición da campaña de ciencia cidadá “1m2 polas praias e os mares”, a través da cal darase continuidade á tarefa de recoller e analizar residuos abandonados na costa.
Durante os labores de recollida utilizarase a aplicación MARNOBA, unha app concibida para caracterizar basuraleza e que permitirá obter datos sobre os refugallos atopados (volume, cantidade e tipoloxía), tanto dos flotantes como dos depositados nas praias e fondos mariños. Esta información contribuirá a deseñar estratexias máis efectivas para poñer fin a esta problemática ambiental.