Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

16 de setembro. Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Naciones Unidas
Ámbito
Internacional
Contenido

Este ano, celebramos os 35 anos da Convención de Viena e os 35 anos de protección mundial da capa de ozono. A vida na Terra non sería posible sen a luz solar. Pero a enerxía que emana do sol sería demasiado para que a vida na Terra prosperase se non fóra pola capa de ozono. Esta capa estratosférica protexe á Terra da maior parte da daniña radiación ultravioleta do sol. A luz solar fai posible a vida, pero a capa de ozono fai posible a vida tal como coñecémola.