Diario Oficial de Galicia, 19-07-2001, Núm. 140, Páx. 9814
A Resolución do Consello da Unión Europea do 24 de febreiro de 1997 (DOG nº 76, do 11 de marzo) sobre unha estratexia comunitaria de xestión de residuos establece, no seu artigo 5, a necesidade de que na Comunidade Europea se aplique unha política global de xestión de residuos. Isto implica dispoñer dos instrumentos axeitados para conseguir este fin. Así, o artigo 46 desta resolución anima os estados membros a que fagan uso dunha ampla gama de medidas para a consecución dos seus obxectivos estratéxicos sobre residuos, da forma máis coherente posible. Neste senso a actividade planificadora de xestión dos residuos no ámbito rexional sinalada no artigo 45 da dita resolución, precisa dun instrumento que garanta que os plans específicos están elaborados con criterios homoxéneos e acordes coas directrices comunitarias.
Co fin de reduci-lo consumo excesivo de recursos naturais e evita-la contaminación, promóvese o desenvolvemento do concepto de xestión del ciclo vital dos productos e os procesos, especialmente en relación coa xestión de residuos, o uso de tecnoloxías máis limpas e a substitución de determinados procesos e substancias por outros menos perigosos do modo máis eficaz en función do custo. Como tales residuos, os agrarios tamén se atopan incluídos dentro da política comunitaria dirixida á obtención dun desenvolvemento sustentable, mediante o que se pretende compatibiliza-la protección medioambiental e el crecemento económico.
En virtude do exposto, a Consellería de Medio Ambiente, contando coa participación activa da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, considerou necesario a elaboración dun Plan de Residuos Agrarios de Galicia, do que o seu borrador foi debatido por representantes das entidades más representativas tanto do ámbito oficial como asociacións, colexios oficiais e entidades ecoloxistas da Comunidade de Galicia. Así mesmo, o dito documento foi proposto á consideración do Consello Galego de Medio Ambiente, que, con data de 28 de xullo de 2000, dictaminou favorablemente.
Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente, procedeu á súa elevación ó Consello da Xunta de Galicia que o aprobou na data do 9 de novembro de 2000.
En consecuencia, en exercicio das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (...)
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
RESIDUOS AGRARIOS

| NOME DO DOCUMENTO | TÍTULO | DESCARGAR | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |