O coñecemento da dimensión e das características da frota pesqueira son imprescindibles para levar adiante unha política pesqueira de adecuación do esforzo pesqueiro a un aproveitamento racional dos recursos mariños e á protección do medio ambiente.
O número de buques con porto base en Galicia, a súa capacidade de almacenamento (arqueo) e a súa potencia preséntanse a continuación, distribuídos por caladoiros, para os anos 2004 a 2023:
Frota pesqueira galega
| Buques en 2004 | Arqueo GT 2004 | Potencia CV 2004 | Buques en 2005 | Arqueo GT 2005 | Potencia CV 2005 | Buques en 2006 | Arqueo GT 2006 | Potencia CV 2006 | |
| Caladoiro nacional | 5.300 | 55.532 | 237.584 | 5.118 | 57.827 | 236.978 | 5.035 | 57.672 | 231.872 |
| Pesqueira comunitaria | 144 | 43.703 | 97.995 | 144 | 39.644 | 85.372 | 145 | 40.243 | 83.272 |
| Pesqueira internacional | 121 | 80.531 | 133.618 | 129 | 87.551 | 147.721 | 133 | 88.940 | 150.627 |
| Total | 5.565 | 179.766 | 469.197 | 5.391 | 185.022 | 470.071 | 5.313 | 186.855 | 465.771 |
| Buques en 2007 | Arqueo GT 2007 | Potencia CV 2007 | Buques en 2008 | Arqueo GT 2008 | Potencia CV 2008 | Buques en 2009 | Arqueo GT 2009 | Potencia CV 2009 | |
| Caladoiro nacional | 4.940 | 53.565 | 221.245 | 4.637 | 53.442 | 218.647 | 4.590 | 52.890 | 213.956 |
| Pesqueira comunitaria | 136 | 38.920 | 77.469 | 139 | 39.899 | 79.370 | 127 | 36.689 | 70.561 |
| Pesqueira internacional | 133 | 85.806 | 145.855 | 135 | 91.280 | 151.805 | 136 | 90.455 | 152.034 |
| Total | 5.209 | 178.291 | 444.569 | 4.911 | 184.621 | 449.822 | 4.853 | 180.034 | 436.551 |
| Buques en 2010 | Arqueo GT 2010 | Potencia CV 2010 | Buques en 2011 | Arqueo GT 2011 | Potencia CV 2011 | Buques en 2012 | Arqueo GT 2012 | Potencia CV 2012 | |
| Caladoiro nacional | 4.565 | 51.273 | 209.874 | 4.515 | 50.007 | 207.269 | 4.418 | 49.621 | 202.128 |
| Pesqueira comunitaria | 113 | 33.105 | 63.350 | 97 | 28.779 | 55.499 | 91 | 26.869 | 53.193 |
| Pesqueira internacional | 120 | 83.639 | 138.632 | 122 | 84.426 | 138.258 | 122 | 84.426 | 138.258 |
| Total | 4.798 | 168.017 | 411.856 | 4.734 | 163.212 | 401.026 | 4.631 | 160.916 | 393.579 |
| Buques en 2013 | Arqueo GT 2013 | Potencia CV 2013 | Buques en 2014 | Arqueo GT 2014 | Potencia CV 2014 | Buques en 2015 | Arqueo GT 2015 | Potencia CV 2015 | |
| Caladoiro nacional | 4.377 | 49.454 | 201.718 | 4.317 | 47.834 | 209.714 | 4.261 | 45.401 | 205.064 |
| Pesqueira comunitaria | 87 | 25.496 | 50.392 | 76 | 21.951 | 46.781 | 72 | 20.902 | 40.262 |
| Pesqueira internacional | 119 | 81.761 | 132.208 | 113 | 79.896 | 128.156 | 105 | 75.852 | 121.029 |
| Total | 4.583 | 156.711 | 384.318 | 4.506 | 149.681 | 384.651 | 4.438 | 142.155 | 366.355 |
| Buques en 2016 | Arqueo GT 2016 | Potencia CV 2016 | Buques en 2017 | Arqueo GT 2017 | Potencia CV 2017 | Buques en 2018 | Arqueo GT 2018 | Potencia CV 2018 | |
| Caladoiro nacional | 4.257 | 44.893 | 208.626 | 4.251 | 44.424 | 207.366 | 4.204 | 43.666 | 204.226 |
| Pesqueira comunitaria | 69 | 19.685 | 38.293 | 68 | 19.402 | 39.107 | 70 | 19.905 | 40.028 |
| Pesqueira internacional | 104 | 78.989 | 124.824 | 100 | 75.884 | 119.442 | 97 | 62.880 | 97.909 |
| Total | 4.430 | 143.567 | 371.743 | 4.419 | 139.710 | 365.915 | 4.371 | 126.451 | 342.163 |
| Buques en 2019 | Arqueo GT 2019 | Potencia CV 2019 | Buques en 2020 | Arqueo GT 2020 | Potencia CV 2020 | Buques en 2021 | Arqueo GT 2021 | Potencia CV 2021 | |
| Caladoiro nacional | 4.169 | 42.057 | 201.519 | 4.147 | 41.862 | 202.348 | 4.088 | 41.687 | 202.585 |
| Pesqueira comunitaria | 69 | 19.565 | 39.049 | 72 | 20.492 | 42.766 | 73 | 20.699 | 45.278 |
| Pesqueira internacional | 97 | 62.889 | 97.909 | 99 | 66.815 | 104.426 | 99 | 65.426 | 103.348 |
| Total | 4.335 | 124.511 | 338.477 | 4.318 | 129.169 | 349.540 | 4.260 | 127.812 | 351.211 |
| Buques en 2022 | Arqueo GT 2022 | Potencia CV 2022 | Buques en 2023 | Arqueo GT 2023 | Potencia CV 2023 | |
| Caladoiro nacional | 4.058 | 40.770 | 200.178 | 4.024 | 39.532 | 198.771 |
| Pesqueira comunitaria | 70 | 19.855 | 43.230 | 69 | 19.521 | 42.617 |
| Pesqueira internacional | 104 | 71.176 | 116.333 | 102 | 68.407 | 110.328 |
| Total | 4.232 | 131.801 | 359.741 | 4.195 | 127.460 | 351.717 |
Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Nº buques: representa o número de buques pesqueiros rexistrados nun determinado segmento da frota.
GT: Capacidade de almacenamento (Toneladas Brutas).
C.V.: Cabalos de vapor.
Número de buques
Desde a creación do Rexistro no 2004 ata a actualidade, o número de buques rexistrados (en estado de alta) no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia experimentou un descenso ininterrompido. No ano 2023 diminuíu un 0,87% con respecto ao ano anterior e, se consideramos o período completo 2004-2023, este descenso é dun 24,6%.
Evolución do número total de buques

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Respecto ao ano anterior, no 2023 rexistrouse un descenso do 0,84% no número de buques no Caladoiro Nacional (Cantábrico-Noroeste).
Evolución do número de buques no Caladoiro Nacional (Cantábrico-Noroeste)

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
En relación co ano anterior, a frota das Pesqueiras comunitarias (altura) e das Pesqueiras internacionais (grande altura) diminuiron o número de embarcacións un 1,4% e un 1,9% respectivamente.
Evolución do núm. de buques na Pesqueira comunitaria (Altura) e internacional (Grande altura)

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Arqueo
No ano 2023 o arqueo diminuiu un 3,3% no conxunto da frota.
Evolución do arqueo

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
No ano 2023 diminuíu o arqueo na frota de cada un dos caladoiros: un 3,0% no Caladoiro nacional, un 1,7% nas Pesqueiras comunitarias e un 3,3% nas Pesqueiras internacionais.
Evolución do arqueo por caladoiro

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Potencia
A potencia no conxunto da frota diminuíu un 2,2% respecto ao ano 2022.
Evolución da potencia

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Con respecto ao ano anterior, no 2023 produciuse un descenso na potencia da frota pesqueira de todos os caladoiros, sendo lixeiro no caso do Caladoiro nacional (0,7%) e nas Pesqueiras comunitarias (1,4%) e mais acusado nas Pesqueiras internacionais (5,2%).
Evolución da potencia por caladoiro

Fonte: Datos extraídos do Rexistro de Buques Pesqueiros 2004-2023. Consellería do Mar.
Valoracións Finais
Indicador
P-1 Número de buques e capacidade total da frota pesqueira galega
Obxectivo
A explotación racional dos recursos mariños, cun equilibrio entre a situación dos ecosistemas naturais e a explotación dos mesmos.
Tendencia
A tendencia observada é de diminución do número de buques, arqueo e potencia, en termos xerais, dende o ano 2004.
- Mostrar Ficha
P-1 - Número de buques e capacidade total da frota pesqueira galega.
Definición
Número de buques e capacidade total da frota pesqueira galega.
Área temática / Tema / Sector
Pesca
Relevancia ambiental
Relación entre a frota de pesca e explotación dun recurso biolóxico, cunha grande incidencia económica e social no noso pais.
Periodicidade
Anual
Series temporais
2004-2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Decreto 97/2005, do 14 de abril, polo que se regula o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia (en adiante RBPCAG). Trátase dun instrumento imprescindible para a posta en marcha de medidas encamiñadas a adecuar o esforzo pesqueiro de cara a un aproveitamento racional dos recursos mariños. Estas accións teñen máis efecto se dispoñemos dos datos actualizados relativos ás características da nosa frota: a súa actividade, as artes que emprega, o mapa das zonas onde se realiza a actividade pesqueira e a capacidade de pesca das nosas embarcacións, a través da potencia (CV) ou a capacidade de almacenamento que posúen (GT).
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Estes datos extráense do RBPCAG, e amosan os datos actualizados da dimensión da frota pesqueira con porto base en Galicia.
Unidade de medida
Número de buques CV: Cabalo de vapor. GT: Toneladas brutas (Gross Tonnage). A unidade estatística é o buque de pesca con porto base en Galicia.
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Acadar unha explotación racional dos recursos mariños.
Claves para a interpretación
O RBPCAG é un instrumento básico que permite o seguimento da dimensión da frota pesqueira con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. Para levar adiante unha política pesqueira de adecuación do esforzo pesqueiro a un aproveitamento racional dos recursos mariños e á protección do medio ambiente é imprescindible realizar unha recollida completa de datos sobre as características da frota; sobre a súa actividade, a través das artes que emprega para a pesca; sobre a localización das zonas nas que realiza a pesca e sobre a súa capacidade de pesca, a través da potencia (CV) ou da capacidade de almacenamento (GT).
Tipoloxía
Presión/Resposta.
Data de actualización dos datos
Abril 2024
Observacións
Continúa o descenso no número de unidades (buques de pesca con porto base en Galicia) que se atopan inscritas (en estado de alta) neste rexistro, aínda que non aparece unha correspondencia exacta coa diminución de capacidade da frota. O motivo é, que o reparto da perda de unidades por segmentos de frota é desigual, e é no segmento de artes menores onde máis se aprecia a diminución do número de buques, mentres que nos outros dous sectores, altura e grande altura, o número de buques mantense ou varía moi pouco.
