A superficie da Rede galega de espazos protexidos (RGEP) que posúen un instrumento de planificación amósase na seguinte táboa.
| Superficie RGEP cun instrumento de planificación | Superficie |
| Superficie RGEP (ha) | 397.660 |
| Superficie RGEP con Instrumento de Planific. (ha) | 395.720 |
| Superficie RGEP con Instrumento de Planific. (%) | 99,5 |
| Superficie de parques con PRUX aprobado (%) | 4,5 |
Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
Con respecto ao ano 2018, aumentou a porcentaxe de superficie de parques con Plan rector de uso e xestión (PRUX), coa aprobación dos PRUX do Parque nacional das Illas Atlánticas, do Parque natural O Invernadeiro, do Parque natural Serra da Enciña da Lastra e o do Parque natural Monte Aloia. Asi, a porcentaxe de parques con PRUX pasa de 1,3% a 4,5%.
Pasouse de estar protexido cun instrumento de planificación entorno ao 12% da superficie da RGEP no 2005 e 2011, ao 99,5% da superficie no 2014.
Evolución do núm. de ha protexidas pola RGEP con instrumento de planificación

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
Valoracións Finais
Indicador
NBI-4 Espazos naturais cun instrumento de planificación
Obxectivo
Incrementar os espazos naturais cun instrumento de planificación.
Tendencia
Os valores amosados débense tomar como referencia para realizar no futuro o seguimento do grao de planificación e xestión nos espazos naturais protexidos.
Pasouse de estar protexido cun instrumento de planificación entorno ao 12% da superficie da RGEP no 2005 e 2011, ao 99,5% da superficie no 2014.
En canto á porcentaxe de superficie de parques con PRUX aprobado respecto da superficie da RGEP con instrumento de planificación, pasouse dun 1,3% no 2018 a 4,5% na actualidade.
- Mostrar Ficha
NBI-4 - Espazos naturais cun instrumento de planificación
Definición
Porcentaxe de superficie da Rede Galega de Espazos Protexidos que posúe, polo menos, un instrumento de planificación.
PORN: Plan de ordenación dos recursos naturais.
PRUX: Plan reitor de uso e xestión.
Área temática / Tema / Sector
Biodiversidade
Relevancia ambiental
A xestión dos espazos naturais protexidos é parte intrínseca da xestión dun territorio e da conservación dos seus recursos, considerando que estes non son entidades illadas do resto do territorio senón que forman parte dun sistema de planificación para previr a súa degradación.
Periodicidade
Quinquenal
Series temporais
Non
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Datos facilitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
(Superficie declarada espazo natural protexido con PORN aprobado/superficie declarada espazo natural protexido) x100.
Unidade de medida
Porcentaxe
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Incrementar os instrumentos de planificación nos espazos naturais protexidos.
Claves para a interpretación
Unha xestión sostible será aquela que acade os niveis estatais, e obterá o máximo valor cando todos os espazos protexidos teñan polo menos un instrumento de planificación.
Tipoloxía
Presión
Data de actualización dos datos
Novembro 2020
