As categorías de espazos naturais protexidos, segundo a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade, son:
- a) Reserva natural
- b) Parque
- c) Monumento natural
- d) Zona húmida protexida
- e) Paisaxe protexida
- f) Espazo protexido Rede Natura 2000
- g) Espazo natural de interese local
- h) Espazo privado de interese natural
A Rede galega de espazos protexidos (RGEP) está constituída polos espazos declarados nalgunha das categorías citadas anteriormente, agás as dos apartados g) e h).
A continuación amósase a superficie en hectáreas da Rede galega de espazos protexidos, desagregada polas distintas figuras de protección:
| Categoría espazo natural protexido | Superficie (ha) |
| Parque | 57.420 |
| Monumento natural | 1.394 |
| Zona húmida protexida | 7.709 |
| Paisaxe protexida | 903 |
| Espazo protexido Rede Natura 2000 | 389.593 |
| RGEP | 397.660 |
Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Na gráfica amósase a evolución do número de hectáreas protexidas pola Rede galega de espazos protexidos:
Evolución hectáreas protexidas pola RGEP, anos 2005-2011-2014

Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
Trala declaración definitiva do ENIL "Illas de San Pedro", a superficie dos espazos naturais protexidos que non están incluídos na Rede galega de espazos protexidos (ENIL -espazo natural de interese local- e EPIN-espazo protexido de interese natural) reflíctese na seguinte táboa:
| Espazo natural protexido ENIL e EPIN | Superficie (ha) |
| Espazo natural de interese local | 1.020,09 |
| Espazo privado de interese natural | 51,39 |
Fonte: Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Valoracións Finais
Indicador
NBI-3 Hectáreas de superficie de protección en espazos naturais protexidos
Obxectivo
Obxectivo condicionado á planificación.
Tendencia
Desde o ano 2014 non houbo cambios na superficie da Rede galega de espazos protexidos.
Desde a última actualización declarouse definitivamente o ENIL "Illas de San Pedro" .
- Mostrar Ficha
NBI-3 - Hectáreas de superficie de protección en espazos naturais protexidos
Definición
Superficie incrementada pola declaración de novos espazos naturais protexidos que conteñen elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza coma derivados da actividade humana.
Área temática / Tema / Sector
Natureza e Biodiversidade
Relevancia ambiental
Resposta dos cidadáns e da Administración á conservación de espazos naturais.
Periodicidade
Quinquenal
Series temporais
Non
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Unidade que fai a proposta.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Hectáreas de novas declaracións.
Unidade de medida
Hectáreas de espazos novos declarados
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Obxectivo condicionado a que exista planificación.
Claves para a interpretación
Na protección poderán coexistir distintas categorías de protección da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade.
Tipoloxía
Resposta
Data de actualización dos datos
Novembro 2020
