E-3 Enerxía procedente de fontes renovables no transporte

A fin de integrar o uso de enerxías renovables no sector do transporte, cada Estado membro impoñerá unha obrigación aos provedores de combustible para garantir que a cota de enerxías renovables no consumo final de enerxía no sector do transporte sexa como mínimo do 29% en 2030 (obxectivo da Directiva (UE) 2023/2413), de conformidade cunha traxectoria indicativa fixada polo Estado membro e calculada de conformidade coa metodoloxía establecida na Directiva da Unión Europea vixente.

As porcentaxes no intervalo entre os anos 2005 a 2020 calcúlanse segundo as disposicións vixentes na Directiva 2009/28/CE, mentres que os resultados dos anos 2021 e 2022 seguen as disposicións da Directiva (UE) 2018/2001. A partir do ano 2023, realizaranse os cálculos segundo a Directiva (UE) 2023/2413.

Para cumprir este obxectivo, España estableceu en distintas normas unhas porcentaxes de vendas ou consumos de biocarburantes sobre a totalidade de gasolina e gasóleo vendidos ou consumidos, con fins de transporte en contido enerxético, incluíndo os biocarburantes.

O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) é a ferramenta de planificación estratéxica nacional que integra a política de enerxía e clima, e reflicte a contribución de España á consecución dos obxectivos establecidos pola Unión Europea en materia de enerxía e clima, de conformidade co establecido na normativa da Unión Europea. A Resolución do 25 de marzo de 2021 adopta a versión final do PNIEC 2021-2030 e marca como obxectivo que a cota mínima da porcentaxe de enerxía procedente de fontes renovables no sector do transporte sexa do 15% no ano 2030.

Para calcular o consumo de enerxía final procedente de fontes renovables no sector do transporte, aplicaranse as seguintes disposicións que aparecen nos artigos 7, 25, 26 e 27 da Directiva UE 2018/2001:

  1. Para o cálculo do denominador, é dicir, o contido enerxético dos combustibles para o transporte por estrada e por ferrocarril subministrados para o seu consumo ou utilización no mercado, teranse en conta a gasolina, o gasóleo, o gas natural, os biocarburantes, o biogás, os carburantes líquidos e gaseosos renovables de orixe non biolóxica, os combustibles de carbono reciclado e a electricidade subministrados para os sectores do transporte por estrada e por ferrocarril.
  2. Para o cálculo do numerador, é dicir, a cantidade de enerxía procedente de fontes renovables consumida no sector do transporte, teranse en conta o contido enerxético de todos os tipos de enerxía procedente de fontes renovables subministrada a todos os sectores do transporte, incluída a electricidade renovable subministrada aos sectores do transporte por estrada e por ferrocarril. Os Estados membros tamén poderán ter en conta os combustibles de carbono reciclado.

Para o cálculo do numerador, a cota de biocarburantes e biogás producidos a partir das materias primas enumeradas no anexo IX, parte B, da Directiva UE 2018/2001 limitarase, excepto en Chipre e Malta, ao 1,7 % do contido enerxético dos combustibles para o transporte subministrados para o seu consumo ou utilización no mercado. Os Estados membros poderán modificar, se así se xustifica, devandito límite, tendo en conta a dispoñibilidade de materias primas. Calquera modificación deste tipo estará supeditada á aprobación da Comisión.

  1. Para o cálculo do numerador e o denominador, empregaranse os valores relativos ao contido enerxético dos combustibles para o transporte establecidos no anexo III da Directiva UE 2018/2001. Para determinar o contido enerxético dos combustibles para o transporte que non estean incluídos no anexo III, os Estados membros empregarán as normas ISO correspondentes para a determinación do valor calorífico dos combustibles. Cando non se adoptaron normas ISO a tales efectos, empregaranse as normas ISO correspondentes. A Comisión estará facultada para adoptar actos delegados de acordo ao artigo 35 para modificar a Directiva UE 2018/2001 adaptando o contido enerxético dos combustibles para o transporte establecido no anexo III, en consonancia co progreso científico e técnico.

Para o cálculo das cotas mínimas establecidas:

  •  
    • A cota dos biocarburantes e biogás para o transporte producidos a partir das materias primas enumeradas no anexo IX da Directiva UE 2018/2001, poderá considerarse equivalente ao dobre do seu contido enerxético
    • A cota de electricidade renovable considerarase equivalente a catro veces o seu contido enerxético cando se forneza a vehículos de estrada e poderá considerarse equivalente a 1,5 veces o seu contido enerxético cando se forneza ao transporte ferroviario
    • Con excepción dos combustibles producidos a partir de cultivos alimentarios e forraxeiros, a cota de combustibles fornecidos nos sectores aéreo e marítimo considerarase equivalente a 1,2 veces o seu contido enerxético.

Para o cálculo da cota de electricidade renovable incluída na electricidade subministrada aos vehículos de estrada e ferrocarril ou consumida na produción de carburantes líquidos e gaseosos renovables de orixe non biolóxica, os Estados membros utilizarán o período de dous anos que antecede ao ano en que se subministrou a electricidade no seu territorio.

No caso da electricidade obtida mediante a conexión directa a unha instalación que xere electricidade renovable poderá contabilizarse na súa totalidade como electricidade renovable.

A Directiva UE 2023/2413 marca como obxectivo que a cota mínima da porcentaxe de enerxía procedente de fontes renovables no sector do transporte sexa do 29% no ano 2030. En España, o PNIEC 2021-2030 marca o obxectivo do 15% para o ano 2030.

En Galicia increméntase dun 0,5% no ano 2005 a un 5,9% no ano 2022.

A metodoloxía para calcular a cota de enerxías renovables no consumo final de enerxía no sector do transporte é diferente a partir do ano 2021. No intervalo de 2005-2020, aplícase o cálculo indicado na Directiva 2009/28/CE, e no intervalo 2021-2030 o indicado na Directiva UE 2018/2001. A partir do ano 2023, realizaranse os cálculos segundo a Directiva (UE) 2023/2413.

Porcentaxe de enerxía renovable no transporte en Galicia 

E-3 Enerxía procedente de fontes renovables no transporte1

Fonte: Elaborado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a partir de distintas fontes. Calculado segundo indica a Directiva 2009/28/CE no intervalo 2005-2020 e aplicando a Directiva UE 2018/2001 a partir do ano 2021.

Valoracións Finais

Indicador

E-3 Enerxía procedente de fontes renovables no transporte

Obxectivo

A partir do 2023, cumprir co obxectivo marcado na Directiva (UE) 2023/2413 do Parlamento Europeo e do Consello de 18 de outubro de 2023, de acadar unha cota do 29% de enerxía procedente de fontes renovables no consumo de enerxía no sector do transporte para o ano 2030. No ano 2022, Galicia ten unha porcentaxe do 5,9%.

Tendencia

O consumo de fontes renovables no transporte en Galicia incrementouse ata o ano 2012 no que sofre unha forte baixada debido ao cambio da lexislación relativa aos obxectivos de consumo de biocarburantes.

Ata o ano 2020, na metodoloxía para o cálculo da cota de enerxías renovables no consumo final de enerxía no sector do transporte, aplicábase a Directiva 2009/28/CE; a partir do 2021 aplícase a Directiva UE 2018/2001, que utiliza uns coeficientes menores. Deste xeito, vese unha diminución desde o ano 2020 (7,1%) ata o 2022 (5,9%).

Mostrar Ficha

E-3 - Enerxía procedente de fontes renovables no transporte

Definición

Esta porcentaxe calcúlase como a proporción entre a cantidade de enerxía procedente de fontes renovables consumida en todos os sectores do transporte e a cantidade total de enerxía consumida no transporte por estrada e por ferrocarril.

Área temática / Tema / Sector

Sector enerxético. Sector transporte.

Relevancia ambiental

A intención é que este indicador amose unha tendencia a utilizar biocarburantes, electricidade de orixe renovable e outras fontes renovables no transporte, o que redundará en menores emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro.

Periodicidade

Anual

Series temporais

2005-2022

Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador

- Circular 2/2009, de 26 de febreiro, da Comisión Nacional de Enerxía, pola que se regula a posta en marcha e xestión do mecanismo de fomento do uso de biocarburantes e outros combustibles renovables con fins de transporte. - Orde ITC/2877/2008, de 9 de outubro, pola que se establece un mecanismo de fomento do uso de biocarburantes e outros combustibles renovables con fins de transporte. - Real Decreto 1738/2010, de 23 de decembro, polo que se fixan obxectivos obrigatorios de biocarburantes para os anos 2011, 2012 e 2013. - Real Decreto 459/2011, de 1 de abril, polo que se fixan os obxectivos obrigatorios de biocarburantes para os anos 2011, 2012 e 2013. - Real Decreto-lei 4/2013, de 22 de febreiro, polo que se fixan os obxectivos obrigatorios de biocarburantes para o ano 2013 e sucesivos. - Lei 11/2013, de 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego. - Resolución do 27 de decembro de 2013, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se actualiza o anexo da Orde ITC/2877/2008, do 9 de outubro, pola que se establece un mecanismo de fomento do uso de biocarburantes e outros combustibles renovables con fins de transporte. - Resolución do 8 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se determina o procedemento de envío de información dos suxeitos obrigados do sistema de obrigas de eficiencia enerxética, no relativo ás súas vendas de enerxía, de acordo co Real Decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. - Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables. - Directiva (UE) 2015/1513 do Parlamento Europeo e do Consello do 9 de setembro de 2015, pola que se modifican a Directiva 98/70/CE, relativa á calidade da gasolina e o gasóleo, e a Directiva 2009/28/CE relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables. - Real Decreto 1085/2015, de 4 de decembro, de fomento dos biocarburantes. - Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2018 relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables. - Directiva (UE) 2023/2413 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de outubro de 2023 pola que se modifican a Directiva (UE) 2018/2001, o Regulamento (UE) 2018/1999 e a Directiva 98/70/CE no que respecta a a promoción da enerxía procedente de fontes renovables e derógase a Directiva (UE) 2015/652 do Consello. - Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030). - Real Decreto 205/2021, do 30 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 1085/2015, do 4 de decembro, de fomento dos biocarburantes, e regúlanse os obxectivos de venda ou consumo de biocarburantes para os anos 2021 e 2022.

Metodoloxía para o cálculo do indicador

Enerxía procedente de fontes renovables no transporte (%) = 100*Enerxía procedente de fontes renovables consumida en todos os sectores do transporte (tep) / total de enerxía consumida no transporte por estrada e por ferrocarril (tep).

Para o cálculo do denominador, é dicir, o contido enerxético dos combustibles para o transporte por estrada e por ferrocarril subministrados para o seu consumo ou utilización no mercado, teranse en conta a gasolina, o gasóleo, o gas natural, os biocarburantes, o biogás, os carburantes líquidos e gaseosos renovables de orixe non biolóxica, os combustibles de carbono reciclado e a electricidade subministrados para os sectores do transporte por estrada e por ferrocarril.

Para o cálculo do numerador, é dicir, a cantidade de enerxía procedente de fontes renovables consumida no sector do transporte, teranse en conta o contido enerxético de todos os tipos de enerxía procedente de fontes renovables subministrada a todos os sectores do transporte, incluída a electricidade renovable subministrada aos sectores do transporte por estrada e por ferrocarril. Os Estados membros tamén poderán ter en conta os combustibles de carbono reciclado.

Para o cálculo do numerador e o denominador, empregaranse os valores relativos ao contido enerxético dos combustibles para o transporte establecidos no anexo III da Directiva UE 2018/2001. Para determinar o contido enerxético dos combustibles para o transporte que non estean incluídos no anexo III, os Estados membros empregarán as normas ISO correspondentes para a determinación do valor calorífico dos combustibles. Cando non se adoptaron normas ISO a tales efectos, empregaranse as normas ISO correspondentes. A Comisión estará facultada para adoptar actos delegados de acordo ao artigo 35 para modificar a Directiva UE 2018/2001 adaptando o contido enerxético dos combustibles para o transporte establecido no anexo III, en consonancia co progreso científico e técnico.

Para o cálculo da cota de electricidade renovable incluída na electricidade subministrada aos vehículos de estrada e ferrocarril ou consumida na produción de carburantes líquidos e gaseosos renovables de orixe non biolóxica, os Estados membros utilizarán o período de dous anos que antecede ao ano en que se subministrou a electricidade no seu territorio.

No caso da electricidade obtida mediante a conexión directa a unha instalación que xere electricidade renovable poderá contabilizarse na súa totalidade como electricidade renovable.

A cota de electricidade renovable considerarase equivalente a catro veces o seu contido enerxético cando se forneza a vehículos de estrada e poderá considerarse equivalente a 1,5 veces o seu contido enerxético cando se forneza ao transporte ferroviario.

A cota dos biocarburantes e biogás para o transporte producidos a partir das materias primas enumeradas no anexo IX da Directiva UE 2018/2001, poderá considerarse equivalente ao dobre do seu contido enerxético.

Con excepción dos combustibles producidos a partir de cultivos alimentarios e forraxeiros, a cota de combustibles fornecidos nos sectores aéreo e marítimo considerarase equivalente a 1,2 veces o seu contido enerxético.

Para o cálculo do numerador, a cota de biocarburantes e biogás producidos a partir das materias primas enumeradas no anexo IX, parte B, da Directiva UE 2018/2001 limitarase, excepto en Chipre e Malta, ao 1,7 % do contido enerxético dos combustibles para o transporte subministrados para o seu consumo ou utilización no mercado. Os Estados membros poderán modificar, se así se xustifica, devandito límite, tendo en conta a dispoñibilidade de materias primas. Calquera modificación deste tipo estará supeditada á aprobación da Comisión.

Unidade de medida

Porcentaxe

Mostra as tendencias no tempo

Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais

Cumprir co obxectivo marcado na Directiva (UE) 2023/2413 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de outubro de 2023, de acadar unha cota do 29% de enerxía procedente de fontes renovables no consumo de enerxía no sector do transporte para o ano 2030.

Claves para a interpretación

Canto maior sexa o indicador, maior será o consumo de fontes renovables no transporte e, polo tanto, menor a dependencia enerxética de Galicia de fontes contaminantes. Os eixes principais da descarbonización no sector do transporte son o cambio modal, o despregamento da mobilidade eléctrica e o fomento da fabricación e o uso de biocarburantes avanzados.

Tipoloxía

Indicador de estado.

Data de actualización dos datos

Setembro 2024

Observacións

A Directiva (UE) 2023/2413 sobre enerxías renovables establece un obxectivo xeral das renovables no transporte do 29% en 2030. .

A consecución do citado obxectivo xeral das enerxías renovables e, en consecuencia, a descarbonización do transporte conseguirase reducindo o consumo (por exemplo, promover o cambio modal) e coa contribución de diferentes tecnoloxías (principalmente biocarburantes e electricidade renovable).

Os biocarburantes son un conxunto de combustibles líquidos que proveñen de distintas transformacións da biomasa e que, por presentar características físico-químicas similares ás dos carburantes convencionais derivados do petróleo, poden ser utilizados en vehículos en substitución de combustibles tradicionais.

Os máis usados son o bioetanol e o biodiésel.