O indicador calcúlase a través do número de establecementos rexistrados no sistema de xestión ambiental EMAS en Galicia, permitíndonos observar o volume de industrias que teñen unha política organizativa que incorpora o factor ambiental como parte imprescindible da súa estrutura. As cifras son acumuladas por ano, é dicir, inclúe as empresas certificadas novas e aquelas do ano anterior que renovan a súa certificación e, a ese total, detráense aquelas que causaron baixa no resistro.
No ano 2023 hai en Galicia 127 empresas rexistradas no EMAS.
Na gráfica amósase a evolución do número de empresas rexistrada no EMAS en Galicia dende o ano 1999 ata o 2023.
A evolución do indicador caracterízase polo progresivo aumento de empresas que acadaron e mantiveron a certificación EMAS ata o 2014, con 367 empresas rexistradas, a partires do cal foron diminuindo de tal maneira, que para o ano 2023 dáse unha redución do 0,78% respecto ao ano 2022.
Evolución do número de empresas con certificación EMAS

Fonte: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Valoracións Finais
Indicador
I-1 Empresas rexistradas no sistema de xestión ambiental EMAS
Obxectivo
Incrementar anualmente o número de establecementos que acaden o selo de calidade ambiental EMAS.
Tendencia
No ano 2023 hai en Galicia 127 empresas rexistradas no EMAS, o que supón unha redución do 0,78% respecto ao ano anterior.
- Mostrar Ficha
Definición
Número de organizacións, tanto públicas como privadas que, de forma voluntaria, desexen avaliar e mellorar o seu rendemento medioambiental.
Área temática / Tema / Sector
Industria/ Xestión e Auditoría Medio Ambiente/ Industrial.
Relevancia ambiental
Permite minimizar os impactos das actividades de calquera organización do sector público ou privado sobre o medio ambiente, permitíndolles avaliar e mellorar o seu comportamento ambiental e difundir a información oportuna ao público e outras partes interesadas.
Periodicidade
Anual
Series temporais
1999-2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
Reconto e porcentaxe (%).
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Suma do nº de establecementos.
Unidade de medida
Establecemento validado.
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Un maior número de establecementos que acaden o selo de calidade ambiental EMAS.
Claves para a interpretación
Canto maior sexa o número de establecementos co selo de calidade EMAS, maior é o cumprimento da normativa ambiental e o grao de compromiso dos establecementos pola mellora continuada do comportamento ambiental que supón.
Tipoloxía
Resposta
Data de actualización dos datos
Xaneiro 2024
Observacións
- Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría medioambiental (DOG n.º 126, do 2 de xullo de 1999).
- Regulamento (CE) n.º 1221/2009, do Parlamento Europeo e do Consello do 25 novembro de 2009 relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría mediambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) n.º 761/2001 e as Decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión.
- Regulamento (UE) 2017/1505 da Comisión, de 28 de agosto de 2017, polo que se modifican os anexos I, II e III do Regulamento (CE) n.º 1221/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría mediambientais (EMAS).
- Regulamento (UE) 2018/2026 da comisión de 19 de decembro de 2018 que modifica o anexo IV do Regulamento (CE) n.º 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo a participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS)
