Este indicador amósanos a evolución das emisións de gases precursores do ozono troposférico, como son os NOx (óxidos de nitróxeno), os COVNM (compostos orgánicos volátiles non metánicos), o CO (monóxido de carbono) e o CH4 (metano), presentadas en forma de índice fronte ao ano 2001 (ano de referencia), ao que se lle asigna o valor de 100.
A continuación amósanse as emisións de gases precursores de ozono troposférico en toneladas/ano, así como a porcentaxe de emisións totais por ano referida á cantidade emitida no ano 2001:
| Ano | NOx | CO | COVNM | CH4 | Total | Índice (porcentual) |
| 2001 | 37.983 | 28.271 | 4.391 | 2.472 | 73.117 | 100 |
| 2004 | 40.237 | 35.619 | 3.193 | 2.438 | 81.487 | 111 |
| 2005 | 40.193 | 28.273 | 4.104 | 1.968 | 74.538 | 102 |
| 2006 | 41.042 | 26.804 | 3.334 | 1.799 | 72.979 | 100 |
| 2007 | 31.815 | 26.383 | 3.187 | 6.043 | 67.428 | 92 |
| 2008 | 36.976 | 22.640 | 3.989 | 8.527 | 72.132 | 99 |
| 2009 | 34.967 | 21.289 | 2.773 | 6.679 | 65.708 | 90 |
| 2010 | 21.120 | 15.558 | 3.076 | 12.898 | 52.652 | 72 |
| 2011 | 20.918 | 20.823 | 3.176 | 12.386 | 57.302 | 78 |
| 2012 | 21.239 | 20.884 | 2.662 | 13.680 | 58.465 | 80 |
| 2013 | 18.834 | 20.085 | 2.963 | 14.597 | 56.479 | 77 |
| 2014 | 19.480 | 20.315 | 3.191 | 14.941 | 57.928 | 79 |
| 2015 | 23.029 | 20.550 | 3.296 | 16.890 | 63.764 | 87 |
| 2016 | 19.842 | 29.956 | 3.583 | 16.100 | 69.482 | 95 |
| 2017 | 19.785 | 31.793 | 3.366 | 14.924 | 69.868 | 96 |
| 2018 | 15.585 | 32.043 | 3.576 | 10.918 | 62.123 | 85 |
| 2019 | 8.238 | 32.737 | 3.500 | 12.023 | 56.498 | 77 |
| 2020 | 6.588 | 22.443 | 2.819 | 11.873 | 43.724 | 60 |
| 2021 | 5.403 | 25.165 | 3.049 | 11.394 | 45.011 | 62 |
| 2022 | 5.322 | 5.643 | 2.629 | 6.701 | 20.295 | 28 |
| 2023 | 4.380 | 3.344 | 2.500 | 5.669 | 15.893 | 22 |
Fonte: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Cimático. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Os valores de partida de NOx, COVNM e CO obtéñense das medicións realizadas nas industrias afectadas polo Decreto 833/1975, e as cantidades de CH4 tómanse dos datos validados do Rexistro EPER-Galicia no período 2001 - 2010.
A partir de 2011 valóranse os datos medidos en autocontrois (datos medidos) do Real Decreto 508/2007 (PRTR-Galicia) en NOx e CO, o CH4 mediante os datos calculados con factores de emisión sectoriais de PRTR-Galicia e os COVNM mediante valores estimados respecto ás series temporais 2001-2010, tomando como referencia os datos de COVNM de PRTR-Galicia.
A maior achega en masa de gases precursores de ozono troposférico corresponde aos óxidos de nitróxeno (NOx) e monóxido de carbono (CO). As emisións debidas a procesos industriais (NOx, CO e COVNM) teñen unha tendencia clara de descenso desde o ano 2001.
Emisións de gases precursores de ozono troposférico
Fonte: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Como se aprecia na gráfica, a taxa absoluta de emisión de precursores de ozono troposférico (toneladas/ano) ten unha tendencia de redución fronte ao ano de referencia (2001).
As fontes principais na nosa comunidade son as instalacións de xeración eléctrica.
Evolución do Índice de emisións de gases precursores de ozono troposférico en Galicia
Fonte: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Valoracións Finais
Indicador
AI-4 Emisión de gases precursores do ozono troposférico.
Obxectivo
Diminuír as emisións respecto ao ano de referencia (2001).
Tendencia
No ano 2023 existe un forte descenso no índice debido a que algunhas actividades xeradoras de monóxido de carbono (CO) non tiveron actividade, ou ben axustaron os seus procesos para reducilo.
- Mostrar Ficha
AI-4 - Emisión de gases precursores do ozono troposférico.
Definición
Emisións de gases precursores do ozono troposférico (NOx, COVNM, CO e CH4), presentadas en forma de índice (ano 2001, índice = 100) para o total dos gases.
Área temática / Tema / Sector
Calidade do aire / Saúde
Relevancia ambiental
É un indicador de presión sobre a saúde humana.
Periodicidade
Anual
Series temporais
Anos 2001, 2004-2023
Estándares, normas ou directrices para o cálculo do indicador
R.D. 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono. R.D. 1796/2003, do 26 de decembro, relativo ao ozono no aire ambiente.
Metodoloxía para o cálculo do indicador
Porcentaxe de emisións totais por ano de gases precursores do ozono troposférico referido á cantidade emitida no ano 2001. Os valores de NOx, COVNM e CO foron obtidos das medicións realizadas nas industrias afectadas pola Lei 34/2007, de 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera e as cantidades de CH4 tomáronse dos datos validados do Rexistro PRTR-Galicia.
Unidade de medida
Toneladas/ano
Mostra as tendencias no tempo
Sí
Obxectivos/limiares/valores de referencia ambientais
Diminuir as emisións respecto ao límite establecido no ano 2001.
Claves para a interpretación
Un aumento no valor do indicador reflicte un aumento na presión exercida sobre a saúde humana.
Tipoloxía
Indicador de presión
Data de actualización dos datos
Setembro 2024
Observacións
O ozono é un contaminante secundario que se forma a través dunha complexa serie de reaccións químicas dos contaminantes primarios ou precursores, como os óxidos de nitróxeno e compostos orgánicos volátiles, sobre todo hidrocarburos non metánicos, en presenza de osíxeno e luz solar.
A troposfera é a capa da atmosfera mais próxima á terra, cunha espesura media de 12 quilómetros. Nesta capa é onde se desenvolven fundamentalmente os fenómenos meteorolóxicos que determinan o clima da terra.
Os Compostos Orgánicos Volátiles (Real Decreto 1796/2003 sobre ozono troposférico) defínense como todos os compostos orgánicos procedentes de fontes antropoxénicas e bioxénicas, distintos do metano, que poidan producir oxidantes fotoquímicos por reacción con óxidos de nitróxeno en presenza da luz solar.
NOx: óxidos de nitróxeno.
COVNM: compostos orgánicos volátiles non metánicos.
CO: monóxido de carbono.
CH4: metano.
