Decreto 95/2006, do 1 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo establecemento dun depósito de seguridade para a posta en marcha dunha instalación de eliminación de residuos perigosos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, nas Somozas (A Coruña).

Diario Oficial de Galicia, 14-06-2006, Núm. 113, Páx. 9515
Decreto 95/2006, do 1 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo establecemento dun depósito de seguridade para a posta en marcha dunha instalación de eliminación de residuos perigosos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, nas Somozas (A Coruña). Mediante Resolución do 27 de abril de 1995 da Dirección Xeral de Industria, outorgouse á Sociedade Galega de Residuos Industriais de Galicia, S.A. (Sogarisa), a correspondente autorización de xestor de residuos tóxicos e perigosos, resultando adxudicataria do contrato administrativo para a xestión do servizo público da Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, formalizado o 12 de maio de 1995, consistente no deseño, construción, explotación e mantemento de instalacións e equipamentos de recollida, transporte, almacenamento e disposición final e, en xeral, da xestión dos residuos industriais, tóxicos e perigosos dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo coa cláusula V do contrato administrativo para a xestión do servizo público da Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, a concesión foi outorgada a Sogarisa por un prazo de 20 anos desde a data da sinatura do contrato, prorrogables por prazos sucesivos de igual duración se non media denuncia de ningunha das partes asinantes cun ano de antelación á expiración do prazo inicial, sen que a concesión poida superar os 99 anos; neste caso producirase unha prórroga automática de non se producir denuncia por ninguna das partes. Sogarisa, como entidade xestora de residuos perigosos, iniciou as súas actividades de explotación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (en diante, CTRIG), en abril do ano 1996. Desde esta data, xeráronse un total aproximado de 1.000.000 de toneladas de residuos industriais. Entre as actividades que Sogarisa desenvolve no CTRIG destaca a xestión e explotación dun depósito de seguridade para a eliminación de residuos perigosos. Neste momento e debido ao transcurso dun período de 10 anos desde o inicio da actividade, o depósito de seguridade está próximo á súa colmatación, prevista para finais do ano 2006. Faise imprescindible para o cumprimento do obxecto do contrato de xestión de residuos industriais, tóxicos e perigosos a reposición do espazo de vertedura. A creación e posta en marcha do dito espazo de vertedura vén condicionada polo outorgamento de autorizacións administrativas e ambientais en tramitación. Mentres estas autorizacións se tramitan, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten autorizado, de conformidade co artigo 24 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, un depósito de residuos para a posta en marcha dunha instalación de eliminación (depósito de seguridade). A instalación deste novo vaso para o depósito de seguridade tería que estar finalizado con anterioridade á colmatación do actual depósito de seguridade, é dicir, antes da finalización do ano 2006. Tendo en conta que para a súa construción e posta en funcionamento cómpre un período mínimo de 6 meses, é preciso iniciar as obras coa maior urxencia posible, de xeito que producida a colmatación do depósito de seguridade este xa estea en marcha. A urxencia da instalación dun novo depósito de seguridade é clara posto que a Administración ten que garantir a continuidade do servizo público da xestión do CTRIG que presta a través de Sogarisa. A necesidade de continuidade na súa prestación constitúe a causa expropiandi do procedemento expropiatorio e determínase pola necesidade de dispor de espazo de vertedura, permanecendo esta invariable, posto que o dito depósito é parte integrante do novo depósito de seguridade, de próxima construción tras a correspondente tramitación administrativa e ambiental. Con data do 23 de marzo de 2006 Sogarisa, na súa calidade de beneficiaria da expropiación forzosa e de conformidade co disposto no artigo 5 do Regulamento de expropiación forzosa, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, solicitou á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a posta á disposición dela dos terreos necesarios para o establecemento do depósito de seguridade, como único medio de impedir a paralización das liñas de tratamento do servizo público prestado por esta. En resposta á solicitude de Sogarisa, e unha vez autorizado o depósito de residuos antedito mediante resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 5 de abril de 2006, o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con data do 19 de abril de 2006 resolveu iniciar o expediente expropiatorio dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento. Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación, son pola súa localización, os máis axeitados para a execución do proxecto, tras a oportuna valoración das posibles alternativas debido a razóns tales como a proximidade ao actual depósito de seguridade, a súa aptitude xeolóxica, a falta de explotación ou aproveitamento dos terreos ou o menor impacto tanto visual como ambiental. Por tanto, tendo en consideración que o artigo 12.4º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, declara de utilidade pública e interese social para os efectos de expropiación forzosa o establecemento ou ampliación de instalacións de almacenamento, valorización e eliminación de residuos e en aplicación do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co artigo 12 da devandita Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de xuño de dous mil seis, DISPOÑO: Artigo único.- Declarar a utilidade pública e interese social e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo establecemento dun depósito de seguridade para a posta en marcha dunha instalación de eliminación de residuos perigosos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, concello das Somozas (A Coruña), solicitada pola Sociedade Galega de Residuos Industriais, S.A., na súa condición de beneficiaria da expropiación forzosa, e que se concretan no expediente administrativo instruído para o efecto. Disposición derradeira.- A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, un de xuño de dous mil seis. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
RESIDUOS PERIGOSOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
D95-2006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles