Orde conxunta do 12 de decembro de 2005, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se conceden os premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

Diario Oficial de Galicia, 30-12-2005, Núm. 250, Páx. 20555
Orde conxunta do 12 de decembro de 2005, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Innovación e Industria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se conceden os premios á innovación educativa sobre os temas transversais. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Innovación e Industria, A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade, e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convocaron premios á innovación educativa sobre os temas transversais a través da Orde do 22 de xullo de 2005 (DOG do 29 de xullo). De conformidade co disposto no artigo 6º da devandita orde conxunta, o día 22 de novembro de 2005 constituíuse o xurado encargado de avaliar os traballos presentados, procedendo á súa valoración e redactándose na mesma data acta da proposta para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Sanidade, e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible DISPOÑEN: Primeiro.-Declarar desertos os seguintes premios dos seguintes temas: - A transversalidade na educación. - A educación para o consumo. - Prevención do consumo indebido de drogas - Educación para a paz e multiculturalidade. - Educación ambiental e para a sustentabilidade. - E un premio en educación para a igualdade de ambos os sexos. Segundo.- Conceder os premios á innovación educativa sobre os temas transversais, convocados por Orde conxunta do 22 de xullo de 2005, aos traballos que se relacionan no anexo a esta resolución. Terceiro.- Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación. Cuarto.- Contra esta orde poderase interpor recurso de reposición perante os órganos convocantes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2005. Anxo Manuel Quintana González Vicepresidente da Igualdade e do Benestar José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Laura Sánchez Piñón Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria Fernando Xavier Blanco Álvarez Conselleiro de Innovación e Industria María José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ANEXO - Premios á innovación educativa sobre os temas transversais * Tema: A transversalidade na educación. Decláranse desertos os premios. * Tema: educación vial. Dous premios, de 1.500 euros cada un, aos traballos seguintes: - Título: Vial-Test. Autor: José Antonio Vicente Rodríguez. Centro: CEIP O Piñeiriño. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). -Título: Ti tes a chave. Proxecto de educación vial. Coord.: Ramón Pérez Rey. Centro: CEIP A Igrexa Calo, Teo (A Coruña). * Tema: educación para o consumo. Decláranse desertos os premios. * Tema: prevención do consumo indebido de drogas. Decláranse desertos os premios. * Tema: educación para a saúde. Un premio, de 1.500 euros, ao traballo: - Título: Síntome corpo. Autor: Roberto Barcala Furelos. Centro: IES de Cacheiras, Teo (A Coruña). Un premio, de 1.500 euros, ao traballo: - Título: Un lombo para a vida. Autora: Mª José Castro Girona. Centro: CEIP Luis Pimentel, Lugo. * Tema: educación para a paz e a multiculturalidade. Decláranse desertos os premios. * Tema: educación para a igualdade de ambos os sexos. Un premio de 1.500 euros ao traballo: - Título: Eu penso, ti pensas,...pensamos xuntos. Coord.: Xoán Carlos Abad Gallego. Centro: IES de Chapela, Redondela (Pontevedra). * Tema: educación para o lecer. Dous premios, de 1.500 euros cada un, aos traballos seguintes: - Título: A radio na aula: proxecto de radio escolar. Autor: Javier Estévez Ferreiro. Centro: Colexio Divino Pastor, Vigo (Pontevedra). -Título: Colonias escolares do CEIP Mosteiro-Bembrive. Coord.: Ofelia Garrido Davila. Centro: CEIP Mosteiro-Bembrive, Vigo (Pontevedra). Tema:Educacion ambiental e para a sustentabilidade. Decláranse desertos os premios.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
INVESTIGACIÓN AMBIENTAL
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o12122005.pdf Galego
res12122005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles