Resolución do 15 de decembro de 2005 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Diario Oficial de Galicia, 05-01-2006, Núm. 4, Páx. 289
Resolución do 15 de decembro de 2005 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable. Mediante Resolución do 28 de marzo de 2003 fíxose público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 63, do 31 de marzo de 2003). Este convenio asinouse co obxecto de establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Igape para incentivar os investimentos de iniciativa privada que promovan novos proxectos de protección e mellora ambientais e contribúan ao desenvolvemento sustentable. Atendendo ao establecido na cláusula cuarta do convenio e á base 17 das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo e Resolución do 11 de marzo de 2005, DOG nº 58, do 28 de marzo), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros. Os ditos proxectos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.10.03.02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica. En virtude do exposto anteriormente, RESOLVO: Único.- Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia que superen os 300.000 euros de gastos subvencionable. Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2005. José Antonio Delgado Arce Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ANEXO Nº EXPEDIENTE // NOME/RAZON SOCIAL // IMPORTE SUBVENCIONABLE (EUROS) // SUBVENCION (EUROS) // EMPREGO QUE SE VAI CREAR AF020.2003.1.16 // SOMOZAS ENERGÍAS Y RECURSOS MEDIOAMBIENTALES, S.A. // 13.255.642,19 // 2.916.241,28 // 20 AF020.2003.1.22 // CONTENEDORES DE LA CORUÑA, S.A. // 3.057.431,79 // 672.634,99 // 9 AF020.2003.1.17 // BIOCOMPOST DE LUGO, S.L. // 2.445.148,60 // 635.738,64 // 18 AF020.2003.1.18 // TRATAMIENTOS ECOLOGICOS DEL NOROESTE, S.L. // 2.497.235,98 // 624.309,00 // 4
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES15122005.pdf Galego
RES15122005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles