Rexistro de entidades de colaboración ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia

O Decreto 102/2023, do 15 de xuño, desenvolve as disposicións da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, relativas ás entidades de colaboración ambiental. Nomeadamente, establece os requisitos e regula o procedemento para a súa inscrición no Rexistro de entidades de colaboración ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

As entidades de colaboración ambiental levan a cabo, no ámbito de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, actuacións de verificación da conformidade coa normativa aplicable dos plans, programas e proxectos que se vaian someter a avaliación ambiental e de colaboración na tramitación dos procedementos de avaliación ambiental, no seguimento dos pronunciamentos ambientais e nas funcións de inspección ambiental. Ademais, poden desenvolver actuacións de asistencia técnica para a Administración, reducindo os tempos de tramitación dos procedementos.

Este rexistro configúrase como un instrumento administrativo que facilita a colaboración público-privada en materia ambiental, facilitando as sinerxias entre a Administración, os promotores e as entidades de colaboración ambiental. A finalidade disto é promover o desenvolvemento de proxectos respectuosos co medio ambiente que contribúan ao desenvolvemento económico e social de Galicia.

Número de rexistroEntidadeGrupo/s de actuaciónsEnderezoEmailEstado inscrición
RECAG-001IGNEO INGENIERÍA SOSTENIBLE, S.L.Tipo C: solos e augas subterráneas asociadasPlaza de la Encina 10, Nucleo, 1, planta 2ª, 28760 Tres Cantos, Madridigneo [at] igneoingenieria.comVixente
RECAG-002APPLUS NORCONTROL, S.L.U.Tipo C: augas residuais, augas continentais superficiais, augas continentais subterráneas, residuos, vertedoiros, solos e augas subterráneas asociadas, autorizacións ambientaisN-VI, Km. 582, 15168 Sada, A Coruñainfo [at] applus.comVixente
RECAG-003AB-AUCATEL INSPECCIÓN Y CONTROL, S.L.U.Tipo C: autorizacións ambientaisRúa Condesa Pardo Bazán, 14, Baixo, 36002 Pontevedra, Pontevedrapontevedra [at] aucatel.comVixente
RECAG-004GEOAMBIENT CONSULTORÍA GEOLÓGICA, S.L.Tipo C: vertedoiros, solos e augas subterráneas asociadasCarrer Tecnologia, 2, NAU 3, 08780 Pallejà, Barcelonageoambient [at] geoambient.catVixente
RECAG-005RAMBOLL IBERIA, S.L.Tipo C: residuos, solos e augas subterráneas asociadasCalle de Orense, 34, 7º, 28020 Madrid , Madridpfwouters [at] ramboll.comVixente
RECAG-006EQA LICENCIAS URBANÍSTICAS, SLTipo C: autorizacións ambientaisRúa do Hórreo 87, entreplanta, 15702 Santiago de Compostela, A Coruñalicenciasgalicia [at] eqa.esVixente