Proxecto de decreto polo que se determinan as actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia

Data publicación

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Consellería do Medio Rural

O obxecto deste Decreto é a determinación das actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia. En particular, ten por obxecto determinar o procedemento aplicable na comunidade autónoma para a designación das zonas vulnerables, a elaboración dos códigos de boas prácticas agrarias e dos programas de actuación, no marco establecido polo Real decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre  protección das augas contra a contaminación difusa producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Prazo para remitir suxestións ata o 13/10/2026

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0849/proxecto-decreto-polo-que-determinan-actuacions-dirixidas-reducir-evitar-contaminacion